Just another WordPress.com site

Archivo para febrero, 2006

Últimas novedades sobre el viaje a Grecia

DÍA 25 FEBRERO :A CORUÑA/SANTIAGO-ATENAS

GRUPO CORUÑA:

05:30 HRS Salida del colegio CALASANZ FEMENINO (C/Estrada dos Fortes s/n)-15 personas

05:45 HRS Salida del IES RAFAEL DIESTE  (C/Prolongacion.Manuel Murguia s/n)-10 personas

ATOCARES GILSANZ

CONDUCTOR SR.MARIANO

06:15 HRS Llegada al aeropuerto de A Coruña para facturación y embarque-25 personas

07:35 HRS Salida del vuelo IB1627 con llegada a BARCELONA a las 09:10 hrs.

11:40 HRS Salida del vuelo IB4802 con llegada a ATENAS a las 15:25 hrs

Al llegar al aeropuerto estará una persona con un cartel que ponga INSTITUTOS DE LA CORUÑA

La persona que os recibirá en el aeropuerto es VIRON PATAPATIOU para realizar el traslado al hotel.

GOLDEN CITY DE ATENAS 3***

C/MARNI 46

ATENAS

GRUPO SANTIAGO:

Tienen otro horario, pero nos juntamos en Atenas.

 

DÍA 26 FEBRERO: ATENAS

Desayuno y alojamiento en el hotel Golden City. Dia libre. Visitas programadas en el folleto anterior.

 

DÍA 27 FEBRERO:ATENAS-CANAL DE CORINTO-EPIDAURO-NAUPLIA-MICENAS-OLYMPIA

Desayuno y comienzo del circuito con NINA de guia. Salida por la carretera costera hacia el CANAL DE CORINTO, donde habrá una breve parada. Continuación y visita del famoso teatro de EPIDAURO, conocido por su acústica excepcional. Desde cualquier punto de la cavea se puede oir a la perfección cualquier sonido que se produce en el centro de la orquesta. Seguimos viaje hacia la ciudad de NAUPLIA donde haremos una breve parada. Después se hará la visita del recinto arqueológico de MICENAS, con el TESORO DE LOS ATRIDAS, la PUERTA DE LOS LEONES y la TUMBA DE AGAMENON. El viaje continúa a través del Peloponeso Central hacia Olimpia. Almuerzo en ruta. Alojamiento en Olimpia, en el hotel Ilis.

HOTEL ILIS 3***

PRAX. KONDILI-ACIENT OLIMPIA

TNO: 226 50 82 205

 

DÍA 28 FEBRERO:OLIMPIA-NAUPAKTOS-DELFOS

Desayuno y visita a OLYMPIA. Este lugar monopolizó durante  casi 10 siglos la vida religiosa y política de la Grecia antigua. Y en este marco armonioso se celebraron por primera vez los Juegos Olímpicos, verdadera tregua sagrada en la que se detenían todas las guerras. Se visita el TEMPLO DE ZEUS, el TEMPLO DE HERA, el Estadio, el Museo, etc. Tras la visita viajaremos a través de las llanuras de Achaia hasta el magnifico y Nuevo Puente colgante que cruza la bahía  de Corinto. Atravesamos NAUPAKTOS (o Lepanto) y seguimos en dirección a DELFOS. Almuerzo en ruta. Alojamiento en el hotel Castalia

HOTEL CASTALIA 3***

13, PAVLOU & FRIDERIKIS STR.

TNO: 226 50 82 205

 

DÍA 01 MARZO:DELFOS-ARAJOVA-TEBAS-ATENAS

Desayuno y visita del SANTUARIO DE APOLO, el TESORO DE LOS ATENIENSES, el ORACULO DE LA PITONISA, el Museo con el renombrado Auriga de Delfos y el Agias de Lisipo, entre otras obras maestras de la época. Almuerzo en ruta. Regreso a ATENAS, via ARAJOBA y TEBAS, a donde se llega alrededor de las 18:00 hrs. Alojamiento en el hotel GOLDEN CITY.

 

DIA 02 MARZO:ATENAS-CABO SOUNION

Desayuno. Mañana libre. Por la tarde excursión a CABO SOUNION. En el punto más meridional del Atica, a unos 70 km. De Atenas, se levanta el CABO SOUNION, un pequeño promontorio en el que se encuentra el TEMPLO DE POSEIDON y a cuyos pies se extiende el Mar Egeo, centro de las grandes culturas de la humanidad. Alojamiento en el hotel GOLDEN CITY.

 

DÍA 03 MARZO:ATENAS-SANTIAGO

Desayuno.tiempo libre hasta la hora de traslado al aeropuerto.

Nuestro receptivo en Atenas os dirá la hora de recogida.(25 personas- grupo de Coruña).

18:00 hrs. salida del vuelo IB3967 con llegada a BARCELONA a las 20:00 hrs.

22:25 hrs salida del vuelo IB1578 con llegada a SANTIAGO a las  23:59 hrs.

Recogida en el aeropuerto y traslado a los centros escolares por AUTOCARES GILSANZ.

Las 17 personas restantes del grupo de Santiago disponen del dia libre en ATENAS, vuelan distinto.

Comezo do Dosier sobre a viaxe a Grecia

VIAXE DE ESTUDOS A GRECIA

 

 

COLEXIO  CALASANZ  FEMININO

A CORUÑA

Curso 2005-2006

 

 

 

XEOGRAFÍA  DE GRECIA

 

Grecia: o nome do país. Os gregos non chamaban Grecia ao seu país, senón Hélade  (gr. @Ellav"), nome derivado de Helen, pai mítico dos heroes que deron nome ás diversas estirpes helénicas. O nome de Grecia procede da tribo dos Graii, con que en Italia se denominou aos helenos cos que entraron en contacto. Ocorreu cos helenos-gregos, pois, o que cos xermanos durante as invasións: cada país denominounos de acordo coa tribo xermánica con que entrou en contacto.

A división xeográfica. A escenografía da historia de Grecia antiga debe dividirse en varias partes:

1.- Grecia continental ou península helénica

2.- Franxa costeira de Asia Menor

3.- Illas do Mar Exeo e o Mar Xónico

4.- A Magna Grecia (sur de Italia e Sicilia)

Na nosa viaxe visitaremos a Grecia continental.

 

A Grecia continental. Dentro da Grecia continental hai que distinguir as seguintes rexións:

            1.- Grecia central, moi abrupta, formada por dúas importantes rexións histórico-xeográficas separadas pola cadea montañosa do Citerón: Beocia, con capital en Tebas, e Ática, con capital en Atenas. Outras rexións son: Fócida, onde está o famoso santuario de Delfos, Lócrida, Etolia e Acarnania.

            2.- O Peloponeso: Etimoloxicamente significa illa de Pélope (fundador mítico da dinastía dos Pelópidas, localizados en Micenas). É unha enorme península (hoxe illa pola apertura do canal de Corinto) formada por unha serie de rexións periféricas que envolven unha rexión central, a Arcadia, illada por cadeas montañosas. Na Antigüidade era a Arcadia un país rudo, agreste, montañoso, cheo de bosques poboados de osos (Arcadia deriva de a[rkto", que significa oso). Os principais montes desta rexión son o Erimanto, o Cilene e o Ménalo, e os ríos o Ladón e o Alfeo.

As rexións que rodean a Arcadia son:

A Argólida, xunto coa zona do Istmo, comprende unha serie de cidades importantes: Corinto –que dominaba o Istmo que leva o seu nome-, Micenas –centro da civilización micénica-, Argos, Epidauro –importante centro relixioso.

A Élide, onde estaba a cidade sagrada máis importante, Olimpia, sede dos Xogos Olímpicos en honor a Zeus.

A Acaia, no norte, tivo un papel secundario durante boa parte da historia grega, agás na época helenística en que deu nome á Liga Aquea.

A Laconia, separada da Argólida por unha cadea montañosa, o Taixeto, e regada polo río Eurotas, ten como cidade famosa Esparta.

A Mesenia, ao oeste de Laconia, está dividida en dúas partes polo monte Itome.

 

Na actualidade, Grecia ocupa o extremo meridional da península dos Balcáns, e ten fronteiras con Albania, Macedonia, Bulgaria e Turquía. Está situada, pois, nunha encrucillada xeográfica, combinando elementos dos Balcáns, Oriente Medio e o Mediterráneo. Comparada cos seus veciños balcánicos, é unha nación rica e estable; porén, en Occidente languidece á cola da Unión Europea. Desde hai uns anos vén reafirmando a súa identidade balcánica, mediante a mellora de relacións con Albania, o achegamento a Macedonia ou converténdose no maior investidor en Bulgaria. Parece destinada a se converter nun poder rexional a través do porto de Salónica, o segundo máis grande do Mediterráneo e futura porta ao sur dos Balcáns.

            É un dos países de Europa que conta proporcionalmente con máis costa, non existindo (agás en Macedonia) ningún punto no país situado a máis de 60 km do litoral. Os seus magníficos portos naturais e as dificultades de comunicación por terra fixeron que Grecia vivise de cara ao mar, e que este sexa o seu nexo de unión e o seu medio de vida. Ademais case ¾ partes do seu territorio son zonas montañosas, deshabitadas ou sen cultivar; percorren o interior enormes cadeas montañosas, gargantas e acantilados.  O seu relevo excesivamente compartimentado constitúe un obstáculo para as comunicacións terrestres e é responsábel da división política, así como da súa economía: agricultura pobre, falta de terras de labor, cría extensiva de gando…A súa vexetación é tipicamente mediterránea: aciñeiras, matorrais e arbustos espiñosos, bosques de coníferas (piñeiros e ciprestes) e gran cantidade de flores silvestres, sobre todo orquídeas e plantas aromáticas (tomillo e romero). Cultivos de cereais, sobre todo trigo e millo, tabaco (no norte), na Ática e o Peloponeso viñas (son famosas as pasas de Corinto) e hortalizas, moreira e árbores frutais. Abundan os campos de olivo (para a produción de aceite). En verán é abrouxante o continuo canto das chicharras. Gandaría: gando ovino e caprino que abunda nas zonas montañosas.

            O maior recurso é o clima e a paisaxe, explotados para o turismo; tamén destaca en recursos agroalimentarios, industria téxtil e mariña mercante, sector en que ocupa o terceiro posto mundial.

            O clima é mediterráneo, con veráns longos, calorosos e secos, e invernos suaves e húmidos, agás no norte balcánico, que é continental. As chuvias, a miúdo torrenciais, adoitan caer en outono.

            Un terzo da poboación vive en Atenas. Salónica é a segunda cidade en importancia e Patras a terceira.

            A relixión dominante é a ortodoxa, sendo moi fácil, e curioso para nós, ver polas rúas párrocos de negro (popes ou sacerdotes da igrexa ortodoxa grega) con chisteras e longas barbas.

            O baile tradicional grego é o sirtaki. O bouzouki ou mandolina grega é o instrumento tradicional.        

 

HISTORIA DE GRECIA:

           

            Historia de Grecia até o século XX: Os primeiros asentamentos humanos en Grecia datan do Paleolítico Medio, pero é no Neolítico cando se desenvolve unha civilización agrícola e pastoril de que hai restos máis abundantes, sobre todo no norte (Tesalia).

 

>>>IDADE DO BRONCE: florecen tres civilizacións:

  • Civilización cicládica (c. 3.000-2000 a.C.): florece unha civilización nas illas Cícladas, no Mar Exeo. Neste arquipélago con ricas canteiras de mármore proliferaron as figuriñas femininas, unha estatuaria de formas xeométricas e curvas harmoniosas.
  • Civilización minoica ou cretense (c. 2000-1600 a.C.): toma o relevo Creta pero con gran influencia nas illas do Mar Exeo a través, sobre todo, do comercio. Os palacios cretenses, cuxa complexa rede de corredores propiciou que fosen asimilados a labirintos (cf. mito do Minotauro), decoráronse con delicados frescos cheos de vida. Este mesmo gusto polo movemento e a animación pódese ver tamén na decoración da cerámica minoica, en que abundan polbos e outros monstros mariños. Cara ao 1525 a.C. ten lugar unha erupción volcánica na illa de Tera (Santorini) que devasta a rexión.
  • Civilización micénica (c. 1600-1200 a.C.): florece unha civilización con base na  Península, en Micenas, cidade que Homero chamou “a rica en ouro”. Os micénicos –xurdidos despois da invasión dos xonios (chamados por Homero “aqueos”)- mantiveron relacións por mar cos pobos máis avanzados do Mediterráneo: Asia Menor, Exipto e Creta; destes contactos adquiriron unha escritura silábica (o silabario “lineal B”). Pero eran un pobo belicoso, e así constrúen as súas cidades en lugares elevados (acrópoles), fortificadas por enormes muros de pedra, chamados “ciclópeos”, como se aprecia en Tirinto. Cara ao 1400 a.C. conquistan Creta, e cara ao 1230 a. C. inician a longa conquista de Troia, cuxa epopeia Homero inmortalizou en A Ilíada, cantando “a cólera de Aquiles”. Esta civilización termina pouco despois da chegada dos gregos da guerra de Troia (c. 1200 a.C.), en parte pola chegada á península dos dorios, un pobo orixinario do norte que arrasou con todos os avances conseguidos.

 

>>>IDADE DO FERRO:

  • Etapa escura (c. 1200-800 a.C.): a partir do ano 1200 a.C. Grecia entra nun período de involución, de que apenas temos noticia. Por iso, esta época recibe o nome de “etapa escura” o “Idade Media grega”. Os avances alcanzados foron arrasados até o punto de se perder mesmo a escritura. Arredor dos séculos X-IX empezaron a xurdir novas sociedades organizadas e unha escritura alfabética tomada dos fenicios.
  • Etapa arcaica (c. 800-500 a.C.): prodúcese un novo renacer cultural tras a aparición das poleis ou cidades-estado. É a época das migracións, que levarán a cultura grega polo Mar Negro e o Mediterráneo, dos primeiros Xogos Olímpicos (776 a.C.), da cerámica xeométrica, da poesía épica (Homero) e lírica, das primeiras leis escritas (Solón), dos primeiros científicos e filósofos (Tales de Mileto), dos primeiros templos con columnas dóricas, da proliferación de cultos e festas en honor dos deuses, do florecemento de dúas cidades por enriba das  demais (Atenas e Esparta) e, como colofón, do principio da democracia. Pero tamén é a época do principio do perigo persa que fixo que as distintas cidades se aliasen
  • Etapa clásica (c. 500-336 a.C.): o renacer cultural da etapa arcaica atinxe o seu máximo esplendor nesta época. Trátase de algo máis de 150 anos dunha excepcional creatividade no pensamento, escritura, teatro e arte. Nunca na historia se deron, en tan pouco espazo de tempo, tantos e tan grandes artistas (filósofos, dramaturgos, historiadores, oradores, políticos, etc). É a época de máxima influencia política do santuario de Apolo en Delfos. A democracia estaba liderada por Pericles, que creou a mariña grega e iniciou grandes obras en Atenas, incluíndo os templos da Acrópolis. Porén, tamén foi unha época de guerras: as Guerras Médicas (490-480), contra os persas, e a Guerra do Peloponeso (431-404), que lanzou a Atenas e os seus aliados contra Esparta e os seus. Xa na época arcaica Atenas estendera a súa hexemonía sobre a Ática e, tras pasar por un réxime aristocrático e unha tiranía, conseguira establecer a finais do s. VI a democracia; fronte a ela, Esparta, herdeira dos conquistadores dorios, seguira cun réxime aristocrático e organizouse como un estado totalitario baseado no poder do exército. O enfrontamento era inevitábel. Atenas  perdeu a guerra e no panorama apareceu o perigo macedonio: Filipo II, derrotou aos gregos na batalla de Queronea (338 a. C.) e tomou o control das cidades-estado gregas, lanzándose á conquista dos persas.
  • Etapa helenística (c. 336-146 a. C.): no ano 336 Filipo de Macedonia é asesinado, sendo sucedido polo seu fillo Alexandre Magno. Este acaba a conquista dos persas e crea un vasto imperio que chegaba até a India polo leste e a Exipto polo  sur. Grazas a estas conquistas difundíronse a lingua, relixión e cultura gregas, e, aínda que Alexandre morreu no 323, este proceso continuou  até a entrada en escena dos romanos.
  • Etapa romana (146 a.C.-  s. IV d.C.): no ano 146 a.C. os romanos saquean Corinto e Grecia pasa a ser provincia romana. Pero Roma, fascinada pola cultura grega, converte a Grecia no centro cultural do seu imperio; a nobreza romana educaba os seus fillos nas escolas de filosofía de Atenas. Finalmente,  ao se dividir o Imperio, Grecia pasa a formar parte do Imperio de Oriente ou bizantino, de fala grega.
  • Etapa bizantina (s. V – 1453) No ano 323 d.C. o emperador Constantino fundou unha nova capital oriental en Constantinopla.  Como parte do Imperio de Oriente, Grecia foi gobernada desde Constantinopla e fíxose ortodoxa. Sufriu a partir de 1204 a ocupación de francos e venecianos. En 1453 os turcos toman Constantinopla, pasando a ser a capital do Imperio otomano baixo o nome de Estambul.
  • Etapa turca (1453- 1830) Tras a conquista otomana e a adhesión de case todo o territorio grego, Grecia desapareceu como entidade política durante case 400 anos, até o século XIX. Os case catro séculos de dominación otomana influíron profundamente na cultura e costumes gregos (así, por exemplo, a cociña grega incorpora numerosos pratos turcos). Nestes séculos o principal centro de poboación grega, e foco dos soños de rexurdimento, foi Constantinopla, pese a ser a capital do Imperio otomano.  Así mesmo, as illas xónicas, Creta e algúns enclaves costeiros estiveron baixo dominio veneciano, dominio que deixou un rico legado cultural e arquitectónico. Porén, tamén deixou outras pegadas máis funestas: así, en 1687 o Partenón é danado no ataque da artillaría veneciana á polvoreira que os turcos gardaban dentro. Outra data considerada funesta polos gregos de hoxe é a de 1801, ano en que Lord Elgin “levou” o friso do Partenón a Inglaterra, e que hoxe se expón no Museo Británico, malia os múltiplos intentos de restitución levados a cabo polo goberno grego. Pero os gregos, retomando a idea do rexurdimento, emprenden a partir de 1821 unha guerra de Independencia.
  • Etapa moderna (a partir de 1830) A partir de 1830 Grecia pódese considerar como un estado moderno. En 1832 as grandes potencias europeas estableceron un protectorado sobre Grecia que marcou o fin do dominio otomano.

1832-1862: Otón I (Príncipe de Baviera). Abdica.

1863-1913: Xurxo I (Príncipe de Dinamarca). Elixido rei baixo os auspicios de Francia, Gran Bretaña e Rusia. Asasinado.

1893: apertura do canal de Corinto

1896: primeiras Olimpiadas da era moderna en Atenas

 

O século XX: Grecia, a pesar de se restablecer como un estado ao longo dos primeiros anos do século XX (1830), insistiu en querer incorporar Constantinopla ao seu territorio (“A Gran Idea”).

1913-1917: Constantino I, fillo de Xurxo I. Obrigado a abdicar pola súa actitude proxermánica.

1917-1920: Alexandre I. Abdica

1920-1922: Constantino, restaurado

1922: derrota ante os turcos e fin de “A Gran Idea”.

1922-1923: Xurxo II, fillo de Constantino.

1924-1935: golpe militar que dá paso cara un réxime republicano até 1935

1935-1941: restauración da monarquía, con Xurxo II

1941-1944: ocupación xermano-italiana.

1946-1947: Xurxo II restaurado

1946-1949: guerra civil

1947-1964: Pablo I, fillo de Constantino.

1948: as fronteiras actuais do Estado grego datan de 1948, cando Italia devolveu o Dodecaneso.

1951: entrada na OTAN

1964-1967: Constantino II, fillo de Pablo I.

1967-1974: dictadura dos coroneis

1974: establecemento da República en xullo de 1974 con Constantino Karamanlis. A monarquía foi abolida mediante referéndum en decembro de 1974

1980: reforma constitucional que crea o cargo de Presidente da República. Karamanlis pasa a selo de novo e como xefe de goberno noméase a Rallis con carácter provisional.

1981: o partido de esquerdas (PASOK) de Papandréu forma o primeiro goberno socialista. Entra a formar parte da UE.

1981-1989: Papandreu.

1985: dimite Karamanlis como presidente.

1989: gobernos provisionais de Tannetakis e Zolotas.

1990-1993: C. Karamanlis, Presidente da República. Xefe de Goberno C. Mitsotakis.

1993-1996: C. Karamanlis, Presidente da República. Xefe de Goberno A. Papandreu.

1994: os líderes europeos reúnense en CORFÚ baixo a presidencia grega da UE

1996: morre Andréas Papandréu. Sucédelle Kóstas Simítis e gaña as eleccións

2003: Primer ministro Kostas Simitis.

2006: actualmente é unha República parlamentaria con          á cabeza.

Dosier sobre a visita a Atenas

ATENAS                  

 

A fundación da cidade e os primeiros reis míticos: Atenas, fundada no segundo milenio por Cécrope, o mítico deus-serpe, experimentou axiña un auxe comparábel ao de Micenas, con que rivalizou. Conta o mito que foi en época de Cécrope cando os deuses decidiron que cada cidade honrase a un deus. Poseidón e Atenea rivalizaron pola cidade de Atenas. Semella que chegou primeiro Poseidón e, golpeando co seu tridente unha rocha, fixo abrollar unha fonte de auga salgada. Despois chegou Atenea e diante de Cécrope bateu coa lanza o chan para facer agromar unha oliveira, nun lugar chamado Pandroseo. Mais como Cécrope testemuñou que Atenea plantara antes a oliveira, foi elixida esta deusa como soberana da rexión, e a partir dela a cidade chamouse Atenas. Poseidón, alporizado, enviou numerosas riadas á cidade e, para aplacar a súa cólera, as mulleres foron castigadas polos atenienses a tres penas: non votaren a partir de entón, non lle poñeren o nome da nai a ningún fillo e non seren chamadas atenienses.

 No século XVI a dinastía de Cécrope foi destronada por Erecteo, cuxo culto se asociou axiña aos de Poseidón e Atenea. Coa axuda destes deuses, Erecteo embeleceu e mellorou a cidade: construíu a primeira carroza tirada por cabalos, descubriu como refinar a prata e acuñou a primeira moeda. Cando morreu foi chorado polos atenienses e enterrado na cima da Acrópolis. Máis tarde os atenienses construíron alí un fermoso templo de mármore chamado Erecteion. Adicárono a Atenea, Poseidón e a Erecteo, a quen deron todos os honores que se lle outorgan a un inmortal e de quen proceden todos os reis de Atenas até o gran heroe Teseo.       

Teseo é, ante todo, o heroe nacional de Atenas e, por iso, fíxose todo o posíbel para engrandecer a súa imaxe. Chegou, mesmo, a traspasar a esfera da mitoloxía para se converter nun personaxe “histórico” por obra do historiador Plutarco, que nos deixou unha biografía do heroe ateniense. A partir de certo momento, a historia mítica de Teseo foi manipulada e utilizada como propaganda política para destacar a súa relación coa grandeza da cidade de Atenas. E así foi atribuído a Teseo o “sinecismo” ou reunión de todos os habitantes, antes espallados polo campo, nunha soa cidade, Atenas, e a institución das festas Panateneas como símbolo desta unidade. Tamén se lle atribúe a construción dos edificios políticos necesarios,  e a división das clases sociais en nobres, artesáns e agricultores. En definitiva, considerouse a Teseo precursor da democracia. Para gloria de Atenas a Teseo déuselle tamén unha ascendencia divina, a participación na batalla de Maratón e o enterramento na ágora dos seus supostos restos. En Atenas celebrábanse anualmente unhas festas dedicadas a el, as Teseas.

 

Atenas até o século XIX

A cidade converteuse nun destacado foco de civilización a partir da época arcaica (s. VIII-VII e VI a. C.), aumentando a súa prosperidade con Solón (s. VI a. C.), e estendendo a súa influencia e fundando colonias nas costas do Exeo  co tirano Pisístrato, que a converteu na potencia máis importante do mundo grego. Tras as Guerras Médicas a cidade situouse á cabeza dunha federación de cidades do Exeo (a Liga de Delos) e impuxo axiña a súa lei no mar. Logo veu a época dourada do goberno de Pericles (460-430 a.C.) que engrandeceu Atenas coas obras da Acrópolis e a construción do Partenón, e con quen Atenas coñeceu unha expansión artística e intelectual sen precedentes (Fidias, Sófocles, Tucídides, Sócrates…). Pero Atenas enfrontouse a Esparta (Guerra do Peloponeso 431-404 a.C.) e perdeu, e este feito marcou a fin das ambicións imperialistas da cidade. Pese a todo, a vida cultural foi intensa ao longo do século IV a.C. (Platón, Aristóteles, Aristófanes…). Tras unha alianza con Tebas, foi derrotada por Filipo II de Macedonia. Logo con Alexandre Magno Atenas foi mimada, e tras a conquista romana foi unha cidade libre e federada. Devastada por Sila no ano 86 a.C., Atenas coñeceu un novo esplendor cos emperadores Marco Aurelio e Adriano (s. II d. C.). Este último, fervente admirador do helenismo, colmou á cidade de atencións e mandou edificar numerosos monumentos.

A cidade volveu ser devastada polos bárbaros e sumiuse nun letargo do cal non sairía até principios do s. XI, época en que recobraría importancia e en que se farían moitos mosteiros bizantinos. Porén, a partir de 1204 Atenas foi sometida ao xugo sucesivo de francos, florentinos e venecianos. Finalmente, en 1456 quedou en poder dos turcos, que lle outorgaron certa autonomía, converteron o Partenón en mesquita e o Erecteion en harén. Así, sumida nunha vida provinciana chegou até o século XIX.

 

Atenas, capital de Grecia desde 1834

Atenas converteuse na capital en 1834 cando o primeiro rei grego Otón abandonou Nauplia para se instalar en Atenas. Para aloxar a nova corte, levouse a cabo un novo plan da cidade por Shaubert y Kleantis, que é máis ou menos o que aínda se conserva. Os arquitectos eran bávaros, alemáns, ingleses e franceses. As rúas Ermu, Eolou, Athena, Stadiu, Pireo, a praza Omonia e a praza Sintagma datan daquela época, así como os edificios de estilo neoclásico. Por desgraza só quedan moi poucos, pois foron demolidos para deixar paso a modernos “buildings”.

A cidade transformouse en 1922 coa chegada masiva dos refuxiados de Asia Menor, 1.225.000 personas que habitaron as casas que lles proporcionaron nos arredores dos novos barrios, dando nacemento aos primeiros barrios populares de Atenas e a iso que se coñece por “afueras”: Nea Smirni, Perisos, Kesariani, Nea-Filadelfia.

Ocupada polos italianos primeiro, e logo polos alemáns, Atenas coñeceu as torturas, as deportacións, a fame terríbel durante o inverno do 41 ao 42, durante o que se recollían todos os días 2.000 mortos de fame das rúas. Non foi bombardeada en ningún momento e os destrozos fixéronse sobre todo durante os anos da guerra civil, 1845 a 1949: derribo das casas con dinamita, incendios, explosións das reservas de municións, barricadas.

 

Na actualidade, situada na rexión da Ática, é a capital e primeiro polo económico e cultural do país, onde vive unha terceira parte da poboación grega (ca. catro millóns de habitantes). Esta inmensa zona industrial e urbana forma un triángulo (Atenas-o Pireo-Eleusis) que concentra actividades portuarias, estaleiros navais e complexos siderúrxicos e petroquímicos. O desenvolvemento urbano, tan recente como anárquico, afectou sobre todo aos arredores da capital, sen poñer en perigo o encanto do centro nin os recintos arqueolóxicos. Porén, ás veces, a polución (en grego nefos), causada pola contaminación de coches e industrias, atinxe índices alarmantes que as autoridades levan intentando suavizar con medidas como a prohibición de circular para os coches particulares.

         Unha boa solución é o uso dos transportes públicos, como o metro que desde 1999 ven sendo mellorado e ampliado con novas liñas.

 

 

 

Ø     A  parte antiga de Atenas

 

PLAKA

Para o visitante o pintoresco de Atenas está asociado ao nome de Plaka, que etimoloxicamente parece significar “chá”, en oposición á eminencia da Acrópolis que a domina orgullosamente. Mais as súas numerosas rúas en pendente invalidan esta hipótese. Outra hipótese máis probábel sostén que vén do albanés pliaka que quere dicir “vello”.

Este barrio é o único que escapou do urbanismo dos anos sesenta e setenta, pero estivo a piques de caer baixo os golpes dun turismo intempestivo. Conscientes disto, as autoridades reaccionaron en 1983 cun programa de restauración das casas do s. XIX. As falsas orquestras de buzuki xa non enxordecen aos transeúntes coas súas melodías a todo volume. Plaka recupera así a súa alma, e o seu espírito vese nos relicarios de prata das igrexas bizantinas cheas de exvotos, nas pedras dos monumentos antigos, nos patios interiores das pequenas casas con balcóns de madeira, nas rúas en pendente, no antro escuro das tabernas subterráneas onde abonda o viño resinoso.

En Plaka, na rúa Lisícrates pódese admirar a linterna de Lisícrates, único monumento coréxico de Atenas en bo estado de conservación. Érguese ao sureste da Acrópolis, no medio dun recinto no que se atoparon vestixios doutros monumentos coréxicos. Foi mandado erixir en honor do corega Lisícrates. Os coregas eran os cidadáns ricos que corrían cos gastos das representacións teatrais, e ao corega da obra vencedora dábaselle un trípode en bronce ou chapado en ouro. Lisícrates mandou construír este monumento para colocar nel o trípode recibido como premio nos certames do ano 335 a.C. Trátase dunha base de tres metros que soporta seis columnas corintias dispostas en círculo, unidas por un aparello de bloques cóncavos de mármore. No alto, un arquitrabe tripartito e un estreito friso con escenas do mito dionisíaco están rematados por un tellado cónico de mármore, grabado con motivos de follaxe. Coroando o edificio, un apéndice de pedra, esculpido cun elaborado motivo floral, servía de base para o trípode entregado ao vencedor. Na fachada este hai a seguinte inscripción:

“Lisícrates de Mkynna, fillo de Lisiteides, era corega; a tribo Acamantis conseguiu a victoria cun coro de mozos; Teón tocaba a frauta; Lisiades, un ateniense, dirixía o coro; Euainetos era arconte”.

Contido do dosier sobre A Acrópolis de Atenas

A  ACRÓPOLIS

 

Na súa orixe a función da Acrópolis foi a dunha fortaleza defensiva. Xa no Neolítico sabemos que existía un poboado, aínda que o primeiro palacio grande parece que foi construído despois da instalación dos aqueos-xonios (1900-1600 a.C.), que foron os que introduciron o culto da deusa Atenea. A esta época pertencen as lendas dos reis da Ática, Cécrope, Erecteo, etc. Da época micénica (1600-1200 a.C.) temos trazas de construcións: un palacio e os muros ciclópeos do bastión da Niké Áptera. Pero o primeiro templo dórico de pedra porosa foi edificado na Idade do Ferro (1100-750 a.C.), onde estaba o palacio micénico. Nesta época alonxáronse da Acrópolis todo tipo de vivendas xa que deixou de ser unha fortaleza e pasou a ser considerada un lugar sagrado. Na última etapa da época arcaica, no s. VI a.C., foi construído o gran templo de Atenea Polias sobre o mesmo sitio do primitivo templo, así como outro templo de pedra porosa sobre o mesmo lugar do Partenón actual.

   Esta Acrópolis foi incendiada polos persas no ano 480 a.C. A decisión de reconstruir unha nova Acrópolis tomouna o gran estratega Pericles que gobernou en Atenas desde o 461 ao 429 a. C. Grazas a unha tregua con Esparta e a asinar a paz cos persas, Pericles conseguiu uns anos de paz que aproveitou para engrandecer a cidade de Atenas. En primeiro lugar edificou o Partenón e logo os Propileos, empregando para tal fin a famosos arquitectos e, sobre todo, ao gran escultor Fidias. Mais no ano 431 a.C. tivéronse que interromper as obras a causa do inicio da guerra do Peloponeso. Algúns anos de paz polo medio permitiron construír o templo de Atenea Niké e o Erecteion. A fisonomía do conxunto da Acrópolis, malia o ataque veneciano de 1687, permaneceu invariábel até a rapina levada a cabo por lord Elgin en 1801 que eliminou  case por completo as decoracións do conxunto. O Estado grego segue a reclamar todo o roubado ao Museo Británico, onde figuran desde 1816 estes restos baixo o nome de “os mármores de Elgin”.

            Para entrar na Acrópolis seguiremos o camiño que recorrían os atenienses durante as Panateneas: durante estas festas, o veo de Atenea, tecido polas fillas máis virtuosas da cidade e levado só polas mozas máis fermosas, transportábase con gran pompa e cerimonia até a Acrópolis. Era a festa anual máís importante de Atenas. Nela tomaban parte os cidadáns máis ilustres: soldados e cabaleiros distinguidos, os mozos e mozas máis fermosos, así como os anciáns máis bravos e sabios. Para un ateniense representaba o maior dos honores ser invitado a tomar parte na procesión de Palas Atenea. Os traballos que se atribúen a esta deusa eran, na realidade, as fazañas dos mortais, e a cidade de Atenas adquiriu fama polo traballo dos seus artesáns e dos seus pensadores. Un gran número de nomes gloriosos de fillos de Atenas e de Grecia destacan entre os grandes de todos os tempos e lugares. Na súa loita por conseguir a bondade e a beleza, os atenienses atinxiron unha vitoria excepcional, e conseguírono porque colocaron por encima de todas as virtudes, simbolizadas pola deusa da sabedoría, o espírito humano, a beleza e a humanidade; a humanidade sen a que a beleza perde o seu brillo e a sabedoría o seu poder.

            Cerremos a descrición desta marabillosa deusa coas sabias palabras que sempre pronunciaba o sacerdote de Atenas cando levaba o arado da deusa polo patio sagrado ao pé da Acrópolis:

            Non negues nunca a un estraño a auga nin o calor do lume. Non sinales outro camiño que non sexa o correcto. Non negues a ninguén unha tumba. Xamais mates ao boi que conduce o arado.

            O festival duraba moitos días, celebrábanse competicións atléticas e carreiras de cabalos, cantábanse os versos épicos de Homero e había grandes concursos artísticos nos que cantantes, bailaríns e músicos de Atenas e de toda Grecia demostraban as súas habilidades. Aos gañadores desas competicións entregábanselles ramos de oliveiras e premios en metálico.

 

1.1.  OS PROPILEOS (437-431 a. C.)

  É unha entrada monumental á Acrópolis, construída por Mnésicles durante o goberno de Pericles. A súa beleza rivalizaba coa do Partenón: o xeneral tebano Epaminondas dicía que se Tebas tivese os Propileos sería tan fermosa como Atenas. Como todos os monumentos da Acrópolis, os Propileos construíronse con mármore pentélico, mentres que nalgúns puntos o mármore gris de Eleusis rompía a monotonía do branco e subliñaba as características arquitectónicas dalgunhas partes. A unión do estilo dórico co xónico é un dos elementos que dan harmonía e simetría ao monumento. Así mesmo semella que o teito estaba ricamente decorado cun ceo azul cuberto de estrelas de ouro. Serviu de polvorín durante a ocupación turca.

 

1.2.   TEMPLO DE ATENEA NIKE  (421 a.C.)

   Á dereita, un pouco antes de chegar aos Propileos, érguese no cume dunha torre o atractivo templo adicado a Atenea victoriosa (Niké). A estatua de madeira da deusa, representada de pé, cunha granada nunha man e o helmo na outra, carecía de ás e, polo tanto, foi chamada Niké Áptera (sen ás). Máis tarde estendeuse a crenza de que a deusa Niké chegara a Atenas voando e, como estaba destinada a non marcharse nunca, non necesitaba ás. É un templo pequeno, de estilo xónico, exemplo de mesura e harmonía, erixido por Calícrates na segunda metade do s. V a.C. con mármore pentélico, sobre o emprazamento dun bastión micénico. Só o friso da parede Este é orixinal, o resto son molduras de cemento, que sustitúen os orixinais que se levaron os ingleses. O friso oriental representaba os deuses do Olimpo, cun lugar de honra reservado a Atenea; nos outros tres lados do friso están representadas as batallas entre Atenienses e Persas, e de gregos contra outros gregos que loitaron a favor dos persas. A base sobre a que se apoia ten tres escalóns, e nela resalta a graza e a elegancia ática que son as características do edificio. Desde o alto deste templo pódese ver o mar. Cóntase que desde alí Atenea fixo fuxir a Darío o bárbaro; tamén se conta que foi desde alí desde onde o rei Exeo viu a vea negra, sinal da morte do seu fillo Teseo, e, desesperado, botouse ao vacío.

   En 1687 os turcos destruíron o templo e usaron os materiais para construir fortificacións. Afortunadamente recuperáronse os materiais e puido ser restaurado en 1835. En 1940 realizouse unha segunda restauración. Actualmente atópanse no Museo da Acrópolis os baixorrelevos que decoraban unha balaustrada de finais do s. V a.C.; moitos representan deusas aladas (Nikés) que se inclinaban ante Atenea. A máis fermosa delas disponse a se desatar as sandalias para subir cos pés espidos ao altar.

 

1.3.  A VÍA SAGRADA

   Partía desde o Cerámico, atravesaba a Ágora e chegaba, cun percorrido tortuoso, até os Propileos. Non tiña escaleiras, senón surcos que facilitaban a subida ás persoas e aos animais de carga que se usaban para o transporte de materiais, ás ovellas e aos bois destinados aos sacrificios. Posteriormente os romanos, quizais na época de Septimio Severo (ca. 200 d.C.), construíron unha escaleira monumental e a porta que hoxe se coñece como porta Beulé, en honor ao arqueólogo francés que a descubriu baixo un bastión turco.

   Unha vez que se atravesaban os propileos, a vía sagrada seguía até o Partenón. Sobre esta branca inmensidade calcárea había, entre outras cousas, un templo adicado a Atenea Broronia, unha cuadriga de bronce e os 130 kilos de ouro da estatua de Atenea Promachos realizada por Fidias, e que medía máis de quince metros.

 

1.4.  O PARTENÓN (447-438 a.C.) 

   No ano 447 a.C. Pericles encargou a construción definitiva do Partenón a Ictino. O seu colaborador foi Calícrates, o arquitecto do Templo de Atenea Niké. Parece ser que a supervisión xeral dos traballos foi confiada ao amigo íntimo e conselleiro artístico de Pericles, Fidias, que tamén esculpiu os frisos do monumento. A realización do edificio concluíu no 438 a.C., aínda que as decoracións escultóricas foron engadidas arredor do 432 a.C. Todos os elementos arquitectónicos estaban coloreados. Estaba adicado a Atenea Parthenos (parqevno", “virxe”), cuxa estatua, obra de Fidias, se gardaba no seu interior.

   Non sabemos que tipo de cerimonias se celebraban nel; nas fontes de información non se fai referencia á función precisa que tiña nas Panateneas, pois en realidade o veo oferecíase á estatua de madeira da deusa Atenea que estaba no interior do Erecteion. Polo tanto o Partenón débese considerar máis un símbolo político e cultural que relixioso.

   O Partenón está completamente construído en mármore pentélico, en estilo dórico, anfipróstilo, de 69,51 m. de lonxitude e 30,86 m. de anchura. Presenta oito columnas en ambas fachadas e dezasete nos lados longos, de 10,45 m. de altura, todas con vinte acanaladuras verticais e apoiadas directamente sobre o pedestal. O diámetro das columnas non é homoxéneo, a pouca distancia da basa a columna empeza a trazar unha graciosa curvatura até se reducir preto do capitel, así dá a impresión de curvarse baixo o peso que debe suxeitar, pero o resiste con forza. Todas as columnas teñen unha inclinación. En realidade ningunha liña do Partenón é completamente recta, co fin de corrixir a ilusión óptica pola que as liñas horizontais moi longas dan a impresión de se curvar no centro. O friso cos triglifos e as metopas apoiábase sobre o arquitrabe. O teito era de madeira con tellas de mármore.

   A rica decoración escultórica constaba de 2 frontóns, 92 metopas e o friso xónico da cella. A maior parte destas esculturas está no Museo Británico, e o resto no Museo da Acrópolis.

 

þ     2 frontóns:

>> o nacemento de Atenea, no frontón oriental

>> a disputa de Poseidón e Atenea pola posesión da Ática, no frontón occidental

Elgin colleu 17 estatuas

 

þ     92 metopas: figuras esculpidas entre os triglifos, que representaban

>> no este as batallas dos deuses contra os xigantes (Xigantomaquia)

>> no oeste a vitoria dos gregos (Teseo) sobre as amazonas (Amazonomaquia)

>> no sur a loita entre centauros e lapitas 

>> no norte a guerra de Troia.

Elgin colleu 15 metopas

 

þ     friso xónico da cella (espacio interior rectangular que constitúe o núcleo da construción nos templos gregos, e comunica por un dos seus lados coa pronaos e có pórtico) cunha lonxitude de 160 m., que rodea pola parte de arriba o edificio interior, está decorado con baixorrelevos, sendo o único que presenta claramente unha escena da vida contemporánea, a procesión das Panateneas, aínda que as imaxes tamén poidan facer referencia, de maneira simbólica, ás guerras médicas.

A procesión dos xinetes

Os portadores de hidrias?

A procesión de mulleres

Procesión dos sacrificios

     Elgin colleu case dous terzos: 247 das 524 orixinais

 

   O Partenón conservouse en boas condicións até o final da idade romana. Na época cristiá empezou a súa ruina a causa do fanatismo relixioso. Afortunadamente baixo o emperador Xustiniano converteuse en igrexa de Sta Sofía e máis tarde da Virxe protectora de Atenas. En 1204, durante a cuarta cruzada, os francos adaptárono como templo católico, e en 1466 os turcos convertírono en mesquita, construíndo minaretes na esquina suroccidental. Non obstante os danos máis graves provocáronos os venecianos durante o asedio da rocha da Acrópolis: en 1687 un canón disparou desde o outeiro de Filopappou e unha bala caeu sobre o Partenón, provocando a explosión da polvoreira turca e a parcial destrución do templo.

  En 1802 Tomás Bruce, “Lord Elgin”, entón embaixador británico en Constantinopla, obtivo do sultán –naquel momento, principios do s. XIX, Grecia estaba baixo o dominio do Imperio Turco Otomano- o permiso para quitar algunhas pedras e epígrafes do Partenón e doutros monumentos da Acrópolis. Desta forma “colleu” 15 metopas, 17 estatuas dos frontispicios, case dous terzos do friso, un capitel (que se partiu en dous para facilitar o seu transporte); unha columna, unha cariátide, e outros fragmentos do Erecteion, así como membros arquitectónicos dos Propileos, e 4 anacos do friso do templo de Atenea Niké.

   Todo isto foi adquirido polo Museo Británico en 1816.

   En 1833 empeza a nova era da Acrópolis, cando a garda militar de Baviera implantou o estandarte do rei Otto I e o último comandante turco emprendía a retirada.

   Desde hai anos o goberno grego ven presionando ao goberno inglés para que estes Mármores de Elgin volvan a Grecia, o que aínda non se conseguíu. Neste sentido, a diputada Melina Mercuri, nada máis ser nomeada ministra de cultura, dirixiu unha calorosa petición, durante un congreso celebrado en México en 1982, e no que participaban os ministros de cultura de 119 países.  O ano 2004, e con motivo das Olimpiadas, Grecia volveu coa súa pretensión, pero aínda no 2006 non conseguíu nada.

 

1.5.  O ERECTEION (cf. 39 Atenas)

Era un lugar sagrado no que se dicía que vivira e fora enterrado Erecteo, introdutor da civilización en Atenas, e logo identificado co deus Poseidón; era fillo de Xea quen llo entregou á deusa Atenea para que o educase.

A parte central, dirixida cara oriente, cun pórtico con seis estilizadas columnas xónicas (6.8 m de altura), era a entrada ao templo de Atenea Polias; a última columna da dereita atópase actualmente no Museo Británico. Dentro da cella estaba a estatua de Atenea de madeira de oliveira (xoanon) –dicíase que esta estatua baixara do ceo para honrar á cidade- que durante as festas das Panateneas levaba o veo sagrado bordado polas arréforas –virxes nobres. Na parte contraria, a occidental, estaba a construción dedicada a Poseidón-Erecteo. Chegábase até alí a través dun espléndido propileo de estilo xónico situado na parte norte do edificio; esta sección era tres metros máis baixa a causa da conformación do terreo

Con todo o que máis chama a nosa atención é o pórtico norte, con dúas columnas aos lados e catro na fachada, de estilo xónico ricamente decoradas, e unha preciosa porta con abundantes rosetóns e pequenas palmas. No tellado hai unha abertura que se dicía fora provocada polo tridente de  Poseidón na súa loita con Atenea. De feito no punto correspondente do chan, pódense ver tres orificios como das pegadas das puntas dun tridente. Á dereita da fachada hai unha porta que conducía á capela da ninfa Pándroso, onde Palas ofreceu a oliveira á cidade de Atenas.

O pórtico sur chámase o balcón das Cariátides, nome que se lles deu en época romana tal vez por recordar ás mozas da cidade de Karie, en Laconia. Estas seis mozas levan sobre a cabeza un cesto sobre o que se apoia o teito da fachada, un vestido longo até os pés; o movemento da perna lixeiramente flexionada dalles graza e fermosura. Todas levan o pelo solto sobre os ombros para reforzar o pescozo, punto máis débil da estatua. Aínda que non foron atopadas as mans, é posíbel que cunha man suxeitasen o vestido e coa outra algún atributo. Se nos fixamos ben non son iguais, unha ten os lóbulos das orellas perforados e o peinado distinto.

Este templo foi transformado nunha igrexa na época cristiá; os francos adaptárono como palacio; durante a ocupación turca foi usado como harén polo comandante das tropas. Pero a súa destrución máis grave foi en 1827 con motivo dun bombardeo. Ultimamente está a sufrir, como toda a Acrópolis, os efectos da terríbel contaminación que hai en Atenas.

Non deixedes de vos deter un momento a carón dos muros do recinto, xa que podedes ver unha vista panorámica de todo Atenas. É un lugar ideal para ver o trazado das rúas da cidade

 

1.6.  O TEATRO DE DIONISO

   Ao pé da Acrópolis, na ladeira sur, áchase o teatro de Dioniso, que no s. VI a.C. era un santuario consagrado a Dionisos Eleutereo. Este teatro, que nun principio era de madeira, é o máis antigo dos teatros coñecidos; nel representaron as súas obras nos concursos de teatro do festival anual de Dioniso os grandes dramaturgos, Esquilo, Sófocles, Eurípides e Aristófanes. No s. IV a.C. foi reconstruído en pedra. Xa case non queda gran cousa, agás un altar circular do s. II e os alicerces do antigo templo. Semella que tiña unha capacidade para 17.000 espectadores. Os restos que podemos ver hoxe son do teatro da época romana; arredor da orchestra podemos ver uns sillóns en mármore pentélico reservados para os prítanes, arcontes e sacerdotes.

 

1.7.  O PÓRTICO DE EUMENES

   Entre o teatro de Dioniso e o Odeón de Herodes Ático esténdese o pórtico (stoa) de Eumenes, chamado así en honra de Eumenes II, rei de Pérgamo, que o mandou construír no s. II a.C. como refuxio para os espectadores en caso de mal tempo e como lugar de paseo. Tiña unha lonxitude 164 m., estaba construído con poros e mármore do Himeto e contiña estatuas, monumentos e fontes.

 

1.8.  O ODEÓN DE HERODES ÁTICO

   Este odeón foi mandado construír no s. II d.C. por un nobre e xeneroso cidadán ateniense chamado Herodes Ático, en memoria da súa muller. O edificio está fabricado segundo o estilo dos teatros romanos e tiña unha capacidade de 5.000 espectadores. A cávea foi reconstruída e hoxe é sede do festival de Atenas, no que se representan antigos dramas, concertos de música clásica, ballet e ópera.

 

1.9.  MUSEO   

O museo, instalado debaixo do Partenón e  que seguramente

será trasladado aos pés da montaña, foi construído en 1878.

-Esculturas e  baixorrelevos:

1.- Moscóforo (portador dunha becerra), é a estatua máis antiga da Acrópolis, realizada con mármore do monte Himeto.Trátase  dunha estatua votiva (ca. 565 a.C.), semellante aos kuroi: adianta o pé esquerdo e ten o sorriso arcaico, co rostro expresivo e mirada viva, aínda que se perderon as pedras coreadas con que se crearan os ollos (cf. 47 Atenas). sala 2

2.- Korai: as korai son estatuas votivas oferecidas a Atenea (s. VI-V a.C.); representan a primeira manifestación da estatuaria occidental dunha imaxe viva que comunica co espectador. Destaca a realización dos graciosos drapeados dos vestidos, a vivaz policromía, os peiteados dos longos cabelos recollidos en trenzas sobre a cabeza, así como a refinada elegancia das xoias. Cada unha delas debía ter un atributo nas mans.   sala 4

A kore nº 675 (ca. 520 a.C.) pequena, de estilo cicládico, procedente de Quíos, mantén aínda a súa riqueza de cor e constitúe un dos exemplares máis suxestivos e mellor conservados da serie. Coa man esquerda alza lixeiramente o vestido e todas as pregas do chitón seguen o movemento oblícuo das cadeiras (cf. 50-51 Atenas).        sala 4

Frontón, fragmentos do frontón do antigo templo de Atenea (ca. 525 a.C.). sala 5

Efebo de Critios: trátase dun mozo nú (ca. 480 a.C.) cun espléndido corpo e un rostro de rasgos delicados. En el rómpese a frontalidade característica dos kuroi: a cabeza está lixeiramente volta cara a dereita e a perna dereita está apenas flexionada, dando á figura a idea de movemento (cf. 46 Atenas).    sala 6

Atenea pensativa: trátase dun baixorrelevo (ca. 460 a. C.) de notábel beleza que representa  á deusa vestida co peplo dórico e apoiada na lanza en actitude de reflexión, cunha expresión severa e abstraída no rostro.        sala 6

Busto de Poseidón: parte do busto de Poseidón, procedente do frontispicio occidental do Partenón sala 7

Tronco de Selene: procedente do frontispicio oriental.           sala 7

Metopa con escenas de Centauromaquia.  sala 7

Friso xónico do Partenón (ca. 440 a. C.), obra de Fidias, coas escenas finais da procesión das Panateneas e os deuses do Olimpo: Poseidón, Apolo e Ártemis; os portadores de hidria, etc.  sala 8

Baixorrelevos da balaustrada do templo de Atenea Nike. A balaustrada, dun metro de altura, foi construída a finais do s. V a.C. e decorada con baixorrelevos realizados por cinco ou seis escultores diferentes. Representan deusas aladas ou Nikés que se inclinan perante Atenea ou corren solícitas a preparar as vítimas para os sacrificios, mentres a deusa espera maxestuosamente sentada sobre unha rocha.  sala 8

Destaca a Niké atándose unha sandalia (cf. pag. 22 Atenas), ou desatándoa para subir cos pés descalzos ao altar. Presenta tamén a técnica dos panos mollados de Fidias.sala 8

As Cariátides: son columnas con forma de muller que adornan o balcón das Cariátides do Erecteion. Nestas figuras pódese apreciar claramente a técnica dos panos mollados de Fidias. Son seis, só unha das que se poden ver no balcón é orixinaria, outras catro pódense ver neste museo, e a outra no Museo Británico.                                 sala 9

Contido do dosier sobre os arredores da Acrópolis de Atenas

ARREDOR DA ACRÓPOLIS

 

      Apenas chegamos ao alto da Acrópolis, mesmo antes dos Propileos, deterémonos un momento ante o pedestal de Agripa. Alí, nunha esquina, podemos ver unha pequena escaleira que leva até a Clepsidra, a fonte que subministraba a auga á Acrópolis desde os tempos máis antigos. Á esquerda o outeiro, adicado primeiro ás divindades ctónicas e máis tarde ao deus da guerra: o Areópago (“outeiro de Ares”). Conta a mitoloxía que Ares (Marte), o deus da guerra, foi xulgado polos demais deuses do Olimpo a causa do asasinato dun fillo de Poseidón, que, á súa vez, violara a unha filla súa. Este episodio contribuíu a que o Areópago, o outeiro existente baixo a Acrópolis, fose empregado como tribunal supremo de Atenas. Nel foi xulgado Orestes por matar a súa nai Clitemnestra e ao amante dela, Existo, segundo narra Esquilo na Orestíada. O voto de Atenea deulle a graza de ser absolto. Na tribuna deste outeiro predicou o apóstolo Pablo e fundou en Atenas a primeira igrexa cristiá. O primeiro ateniense que adoptou o cristianismo foi San Dionisio, o xuíz supremo do Areópago, e por iso foi chamado “Areopagita” e é o patrón da cidade de Atenas.

   Ao oeste da Acrópolis, e a uns 500 m. de distancia, hai tres outeiros: a Pnyx, o Filopappou e o outeiro das Ninfas.

   Saíndo da Acrópolis pola ladeira sur cóllese a Avenida Apostolu Pavlu e axiña encontramos a Pnyx á esquerda. Era o lugar no que se reunía a Asemblea do pobo, o berce da democracia, onde os cidadáns conquistaron o dereito ao voto por primeira vez na historia da Humanidade. Aquí reuníanse os cidadáns maiores de trinta anos e lexislaban sobre os asuntos públicos, e aqui pronunciaron os seus discursos os máis grandes oradores da antigüidade: Demóstenes, Temístocles, Pericles…Polas noites ten lugar un espectáculo de luz e son, fronte á Ágora e a Acrópolis.

   É moi agradábel o paseo polo outeiro das musas, que estaba adicado ás Musas, protectoras das ciencias e das artes. Hoxe este lugar é coñecido como Filopapou, porque no seu cume se encontra o mausoleo construído polos atenienses no s. II d. C. en honra de Caio Xulio Antíoco Filopappou, cónsul romano de Siria que foi un gran benefactor de Atenas.

   O terceiro outeiro é o denominado outeiro das ninfas. No seu cume fundouse en 1842 o Observatorio.

 

 

 

A  ÁGORA

 

            Unha inmensa pradaría cuberta de margaridas durante a primavera e completamente árida en verán, a Ágora (palabra que deriva do verbo “recoller, concentrar”)  era o lugar onde transcorría a vida na antigüidade; á ágora íase a falar, a vender, e nela reuníanse os poetas e filósofos. A aqueles a quen a arqueoloxía non lles apaixone demasiado, todo isto poderá parecerlles algo monótono e pouco suxestivo. Porén, aquí estaban todas as oficinas públicas, os edificios “ministeriais”; había templos (de Zeus, de Atenea, de Apolo, de Ares), pórticos e altares, casas e barrios desde os que se dirixía a vida relixiosa e cívica da cidade. Dos edificios, agás do Teseion e do pórtico de Atalo, só quedan os alicerces.

   O Pórtico ou Stoa de Atalo foi construído no s. II a.C., obra de Atalo II rei de Pérgamo; ten unha lonxitude de 116,50 m. e unha profundidade de 19,50 m. No fondo abríanse estancias cuadradas empregadas como almacéns. Na actualidade este pórtico, reconstituído pola escola americana de arqueoloxía na década de 1950, alberga o museo da Ágora, onde se exhiben obxectos achados nas excavacións: na planta baixa xerras para viño e aceite, urnas para as votacións, anacos de cerámica que se usaban para votar as medidas de ostracismo (“ostraka”, escribíase o nome do condenado), fermosas cerámicas do período xeométrico. O primeiro andar está dedicado case exclusivamente ás esculturas romanas.

 

   O templo de Hefesto ou Teseion estaba consagrado ao deus do lume interior da terra (Hefesto/Vulcano). Este magnífico templo foi construído entre os anos 449 e 444 a. C., e é un dos templos mellor conservados de Grecia, só lle faltan as esculturas do frontón, das que algúns fragmentos están expostos na Stoa de Atalo. As metopas do friso representan as fazañas de Heracles e Teseo, e os baixorrelevos do friso interno reproducen unha batalla cos tres Cíclopes e unha Centauromaquia. É un templo dórico, períptero, con seis columnas nas fachadas e trece nos lados longos. As columnas son lixeiramente converxentes cara o centro como as do Partenón. Durante a época cristiá foi transformado na igrexa de San Xurxo. En 1833 foi declarado monumento nacional. Desde o alto da Acrópolis semella unha maqueta. Se o vemos ao atardecer, a pedra adquire uns matices rosas moi bonitos.

   Partindo da Ágora, unha rúa conducía á Ágora romana. Aquí está a famosa Torre dos Ventos, reloxo construído polo astrónomo Andronikos Kyrrestes no s. I a. C., e que ademais de reloxo da ágora, era a estación meteorolóxica e, quizais, mesmo o planetarium. Ten a forma dunha torre octogonal e en cada lado presenta baixorrelevos que representan aos ventos. Durante a ocupación turca, a torre estaba perdida no medio duns xardíns, dos cafés, das mesquitas e dos minaretes. O lugar continúa sendo moi agradábel, rodeado de tabernas e na fronteira do barrio de Plaka.

   A rúa Ermou conduce até o cemiterio do Keramicos, fóra das murallas, como esixía a tradición na antigüidade. Aquí inhumábanse os cidadáns ricos e os homes ilustres aos que acidade quería honrar. O cemiterio con numerosas estelas funerarias (orixinais e copias) e espléndidas lápidas, reflicte as rivalidades das familias atenienses que desexaban dar aos seus mortos a sepultura máis fermosa. O museo, pequeno pero moi interesante, presenta o resultado das excavacións.

 

FÓRA DA ACRÓPOLIS

 

            Fóra da Acrópolis encontramos o único templo que non está na rocha sagrada ou arredor dela. Trátase do santuario de Zeus Olímpico (Olimpieion), que está construído sobre un gran baseamento de máis de 200 m. de lonxitude. Os traballos iniciáronse no s. VI a. C., baixo Pisístato, e foron terminados polo emperador Adriano no ano 132 d.C., é dicir, sete séculos despois. Foi un dos templos máis grandiosos de Grecia, o máis grande en estilo corintio da Antigüidade: tiña 108 m. de longo e 41 m. de ancho, cun total de 104 xigantescas columnas, das que hoxe só quedan en pé dezaseis. No interior da cella había unha estatua crisoelefantina de Zeus.

   Os barrios que xurdiron arredor do templo chamáronse Nea polis ou Adrianópolis e estaban separados do resto da cidade pola Porta de Adriano, gran benefactor de Atenas. Este monumento está construído en mármore branco e está formado por un arco que ten enriba unha fila de catro columnas corintias. As dúas columnas centrais están coroadas por un frontispicio. O estreito friso, que está por enriba do arco, leva un epígrafe coa inscrición:  Esta é a cidade de Adriano e non de Teseo; no lado occidental outra inscrición di: Esta é Atenas, antiga cidade de Teseo.

 

   O monte Licabeto é unha gran rocha que, segundo conta a tradición, deixou caer Atenea de camiño á Acrópolis. A vista panorámica que domina a cidade e os seus arredores, o Pireo e o mar, é espectacular. De noite a vista da cidade iluminada é aínda máis fabulosa, se cabe.

 

 

Ø      Atenas bizantina

 

   Actualmente quedan moi poucas igrexas bizantinas e a miúdo están escondidas entre os bloques de pisos.

   Capnicarea. Esta igrexa do s. XI está situada en medio da rúa Ermou, nun cruce de rúas comerciais.

   Agios Elefterios. Esta pequena igrexa do s. XII está totalmente arrinconada por unha “mole informe”, a catedral de Atenas, na que se poden escoitar a pesar de todo uns fermosos cantos bizantinos. Nas paredes exteriores da igrexa Agios Elefterios hai unhas esculturas moi bonitas.

   Agios Teodori. É unha igrexa do s. XII que está na rúa Dragatsaniou.

   O museo bizantino. Na parte norte da cidade, na avenida Vasilis Sofias 22, áchase o museo bizantino. Nets museo podemos ver reconstrucións de igrexas paleocristiás, bizantinas e postbizantinas. Destaca a extraordinaria colección de iconos desde o s. IX ao XIX.

 

 

 

Ø      Atenas neoclásica

 

   A corte bávara que se estabeleceu en Atenas en 1834 botaba de menos a arte da antigüidade. E unha miríada de arquitectos estranxeiros encargáronse de construír na cidade edificios públicos, palacios e mansións. Das casas, por desgraza, xa non queda case nada. Os edificios máis representativos deste romántico renacemento arquitectónico están concentrados nos arredores da Praza da Constitución, a rúa Academia e a rúa Panepistimiu:

            A Universidde e a Biblioteca Nacional están na rúa Panepistimiu, e son un exemplo do estilo neoclásico. Foron construídos por Christian Hansen e a decoración da fachada é obra de E. Lebiedzki.

            Na prolongación destes dous edificios está a Academia, fundada polo barón grego Sinas, e que é obra do arquitecto danés T. Hansen.

            O edificio que alberga o Museo Arqueolóxico, o hotel Gran Bretaña, o antigo edificio de Correos e o Parlamento (expalacio real do s. XIX) son do mesmo estilo: a parte baixa é de pedra ou de mármore, escaleiras monumentais, columnas e estatuas, e os famosos acroquerami que rematan os tellados das casas e dos edificios neoclásicos.

            Ademais dos edificios oficiais, tamén se salvaron, por agora, dos derrubos algunhas casas do barrio de Plaka, Kukaki e Estrefi.

Contido do dosier sobre Micenas

MICENAS

 

 

Para chegar a Micenas desde Atenas debemos cruzar o canal de Corinto. O istmo de Corinto, amurallado varias veces para previr as invasións que podían vir do continente, serviu, non obstante, de ponte a todas elas. Non ocorreu o mesmo coa navegación marítima, para a que o istmo supoñía a necesidade de dar un longo rodeo polas perigosas augas do Peloponeso. Os primeiros proxectos de abrir unha canle tiveron lugar en tempos de César e Calígula, pero até o emperador Nerón non comezaron os traballos efectivos. Foi o mesmo emperador quen, cun sacho grande de ouro, deu o primeiro golpe a tan importante obra. O proxecto viuse interrompido a causa dalgunhas sublevaciós, e o problema marítimo resolveuse temporalmente construíndo unha calzada para conducir as embarcacións dun lado a outro do istmo. Non faltaron propósitos de reemprender as obras, pero houbo que esperar até 1893 para a súa consecución definitiva.

   A canle ten 6 km. de lonxitude e 23 de anchura. A vista desde a estrada non deixa de impresionar ao viaxeiro.

   A entrada á Acrópole de Micenas faise a través da famosa Porta dos Leóns, incrustada na muralla ciclópea e formada por tres grandes monolitos de pedra. Enriba hai un frontón case triangular no que están esculpidos dous leóns sen cabeza que miran cara a unha columna central. A porta impresiona polo espesor do muro e pola simplicidade da súa concepción que a fai moderna perante os ollos do espectador actual. Á dereita da porta, e xa no interior do recinto, están as Tumbas Reais, descubertas por Schliemann, e probablemente construídas cara ao ano 1600 a.C. Todos os obxectos que nelas se encontraron están na actualidade no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. Un camiño pendente dá acceso ao Palacio dos Atridas (ca. s. XIV) do que só se conservan vestixios da planta, mais permite facérmonos a idea das partes máis importantes do edificio: un Patio, a Sala do Trono e un Megaron.

   Na chamada Cidade Baixa merecen ser visitados outros dous monumentos funerarios. En primeiro lugar, o Tesouro de Atreo, construído cara o 1300 a. C. Condúcenos até o monumento un longo corredor tallado en pedra do outeiro, e sustentado por potentes muros. Ao fondo encontramos a porta rematada por dous impresionantes arquitrabes monolíticos (calcúlase que só un deles pesa 120 toneladas) que deixan na súa parte superior un espazo aberto de forma triangular. O interior do Tesouro, chamado impropiamente “Tumba de Agamenón”, é unha cámara circular (tholos) cuberta por unha cúpula enorme. Na entrada, á dereita, hai unha habitación que debía recibir os restos sepulcrais da familia. Tanto o interior como a entrada estaban decorados. Boa parte do atopado encóntrase hoxe no Museo Británico. Tamén se pode visitar a Tumba de Clitemnestra, do ano 1300 a. C., recentemente restaurada e de características semellantes ás do Tesouro de Atreo.

Contido do dosier sobre Epidauro

EPIDAURO

 

            Epidauro foi un centro de peregrinación na Antigüidade para quen buscaba remedio ás súas enfermidades. A importancia que tivo como lugar de culto e de curación quedou reflectida nos restos dos edificios que aínda perduran e entre os que sobresae, pola súa extraordinaria beleza, o teatro.

            Conta a lenda que Asclepio (Esculapio para os romanos), fillo de Apolo, foi iniciado polo seu preceptor, un sabio centauro de nome Quirón, no coñecemento das plantas e das súas propiedades. Con elas, semella que chegou mesmo a resucitar os mortos, feito que provocou a cólera de Zeus, quen o fulminou co raio. Redimido e admitido como un deus no Olimpo, os gregos acolléronse á súa recoñecida bondade erixindo un santuario na súa honra. Das curas obtidas por medio dos sacerdotes ou grazas á intervención directa do deus, falan os numerosos exvotos achados nas excavacións e doados polos enfermos agradecidos. A fama do santuario estendeuse por todo o Mediterráneo, alcanzando o seu máximo apoxeo no século IV a.C., e comezando a declinar na época romana coa chegada do cristianismo.

 

         O teatro. Enterrado durante séculos, chegou a nós en magnífico estado de conservación. Esta circunstancia, ademais da perfección da súa arquitectura e a beleza do seu contorno natural, outórganlle a debida fama que hoxe goza como marabilla da época clásica. Foi construído por Policleto o Mozo no s. IV a. C. Destacan as súas inmellorabeis condicións acústicas que os guías non deixan de sinalar, suxerindo aos visitantes que se sitúen na última das 55 gradas para comprobaren como se escoita alí arriba o máis mínimo balbordo producido na escena.

            O museo. Garda os obxectos achados nas excavacións e que non foron levados a Atenas. Destaca unha escultura do deus Asclepio de época romana, diversos instrumentos de cirurxía e a reconstrución con partes orixinais do alzado do Tholos.

            O santuario. Segundo imos desde o museo ao recinto das excavacións deixamos, á dereita, os restos do Katagogeion, construción helenística con funcións de albergue. Máis adiante chégase a un vasto complexo de edificios, entre os que sobresae o ximnasio, que se usaba nas probas deportivas que se realizaban cada catro anos, e o Heraion de Asclepio, lugar destinado ao culto e ao coidado dos enfermos. Nel encóntrase o Templo de Asclepio, de orde dórica, cuxas esculturas están no Museo Nacional de Atenas; o Tholos, edificio circular orixinariamente provisto de dous aneis concéntricos de columnas, as exteriores dóricas e as interiores corintias; e o Abaton, pórtico onde os enfermos esperaban, ben a cura, ben a aparición do deus.

Contido do dosier sobe Olimpia

OLIMPIA

 

         Malia as súas múltiples diferenzas como membros de diversas tribos, e logo como cidadáns de distintas cidades-estado, os gregos posuían unha arraigada conciencia de comunidade espiritual. Esta baseábase en mitos e en institucións, sendo unha delas os famosos Xogos Olímpicos. Instituídos no s. VIII a. C. (ano 776), foron centro de atracción de atletas, peregrinos e curiosos por espazo de máis de 1000 anos. Tal era a importancia dos Xogos, que a partir deles se estableceu a primeira cronoloxía oficial do mundo helénico.

            O certame naceu en época dos dorios baixo a invocación da deusa nai Xea, e logo doutras divindades, como Hera e, mesmo, Crono. Mais axiña foi Zeus o seu destinatario e protector. O marcado carácter relixioso, que máis tarde iría desaparecendo, deu lugar a unha tregua sagrada durante as datas próximas aos xogos, pola que ninguén que se dirixise cara eles podía ser perseguido, calquera que fose a súa procedencia e lugar de paso. Millares de persoas concentrábanse no Altis, recinto sagrado, para contemplaren durante cinco días o espectáculo e participaren na gran festa que tiña lugar o último día con ocasión da entrega dos premios.

            Entre os atletas que competiron en Olimpia, os gregos citan a Heracles e Apolo. Moito máis histórico é o personaxe de Nerón, quen resultou vencedor dunha carreira mesmo despois de caer do carro que conducía, e vencedor tamén do concurso de canto que el mesmo instituíu para mostrar as súas dotes. Todos os participantes debían ser varóns, e o premio consistía nunha coroa de oliveira, en versos elexíacos dedicados polos mellores poetas (Píndaro era un gran especialista no tema), así como no regreso triunfal aos respectivos lugares de orixe onde se lles facía unha estatua que quedaba depositada no Altis.

            A expectación dos xogos movía un gran número de atletas e de espectadores; por iso, o recinto orixinal foi progresivamente agrandado. Construíronse aloxamentos para os visitantes, erguéronse templos e habilitáronse espazos onde colocar as ofrendas, polas que artistas de diversas cidades rivalizaban en habilidade e daban estímulo aos atletas. Como vemos, a presenza da arte, do espectáculo e da música desbordaba dalgunha maneira o carácter puramente deportivo dos xogos.

            A fin de Olimpia prodúcese no século V d. C., despois dunha época de decadencia, cando o emperador bizantino Teodosio ordenou, en nome do cristianismo, a destrución daquel recinto pagán, levando a Constantinopla a estatua de ouro e marfil de Zeus, obra de Fidias. Esta estatua perderíase finalmente nun incendio.

 

            As excavacións

 

            A entrada ao recinto mostra dous espazos distintos. Un en fronte, con trazas de grandes edificios, constituía a área administrativa e de servizos de Olimpia. Outro, á esquerda, situado a un nivel máis alto e coñecido co nome de Altis, era lugar sagrado e zona esencial no desenrolo dos xogos. Na súa entrada, a man esquerda, están as ruinas do Pritaneion, edificio onde eran dispensados os recibimentos solemnes e onde se gardaba a chama que debía arder perennemente na honra de Hestia. Fronte a este, e ocupando un lugar destacado na entrada, o Philippeion, con forma de templete circular, conmemoraba unha batalla vitoriosa de Filipo de Macedonia. Seguindo o camiño paralelo ao límite esquerdo do recinto, os visitantes pasaban entre dous templos primitivos, o Heraion, á esquerda, adicado á deusa Hera, inicialmente protectora dos xogos, e o Pelopion, de planta pentagonal e consagrado a Pélope, descubridor do Peloponeso, fillo de deuses e, en certa maneira, patrón tamén do lugar.

            Fronte ao Pelopion, ocupando un amplo espazo, achábase o templo de Zeus, construído no século V a. C., e do que só conservamos unha gran cantidade de restos de columnas espalladas entre a vexetación. O estilo do templo era dórico e no seu interior gardábase, sentada nun rico trono, a imaxe crisoelefentina de Zeus, obra de Fidias.

            Seguindo o camiño inicial cara a porta do Estadio, pasábase por un ninfeo, tamén chamado Exedra de Herodes Ático, que marcaba o límite dos traballos realizados polo emperador para traer auga desde os montes próximos. Un pouco máis adiante achábase o Metroon, templo adicado á deusa nai Meter. Na parte de atrás deste, nunha longa fileira, aparecían numerosas capelas ou tesouros, ofrendas das cidades a Olimpia. Tamén aquí aliñábanse as estatuas adicadas a Zeus que os xuíces obrigaban a poñer como castigo a quen incumpría os regulamentos do xogo. Á dereita, a carón do muro que serve de límite ao Altis, erguíase o Pórtico do Eco, así chamado pola reverberación que nel se producía.

            Orixinariamente os Xogos estaban intimamente ligados ao culto de Zeus, polo que o seu inicio tiña lugar diante do templo. Cando o carácter relixioso foi decaendo, o Estadio separouse do Altis, deixando como comunicación entre ambos unha estreita pasaxe cuberta (s. I). O Estadio nunca chegou a ter bancadas, de modo que os 20.000 espectadores se acomodaban nos seus dous noiros laterais. Ali soterrábanse as ofrendas que os personaxes ilustres deixaban como aportación ao patrimonio do lugar.

            Seguindo o Pórtico do Eco, achamos de fronte a porta romana aberta en tempos de Nerón, e á súa dereita, o Bouleuterion, composto por dúas estancias absidadas, onde se reunía o Senado Olímpico, administrador e autoridade do santuario. En fronte un gran edificio de planta cadrada, o Leonidaion, facía as veces de hotel; á súa dereita unha complexa construción albergaba o Theokoleon, residencia dos supremos sacerdotes, unhas termas e o obradoiro de Fidias. Na entrada estaba tamén a Palestra, gran edificio de planta cadrada e estrutura porticada, onde os atletas se exercitaban antes de entrar en competición.

 

         O museo

 

            Entre as pezas de maior valor e interese que contén, destacaremos as seguintes:

            Frontón oriental do templo de Zeus. Representa os preparativos dunha carreira de carros na que Zeus, situado no centro, se apresta a arbitrar a competición entre Pélope, xefe aqueo, e Enomao, rei etolio. Ningún vestixio de carro quedou, pero os arreos dos cabalos permite supor como se desenrolaba a escena.

            Frontón occidental. Representa ao deus Apolo restablecendo a orde en medio do combate entre Lapitas e Centauros na voda de Pirítoo. En efecto, os centauros, bébedos despois do banquete, atacan as mulleres e os mozos, causando a natural confusión e a conseguinte batalla para vingar tal afronta. No centro sobresae a magnífica escultura de Apolo, maxestosa e calmada fronte a monstruosidade e expresionismo con que están representados os centauros.

            Hermes con Dioniso neno, de Praxíteles. Sen dúbida é a peza que atrae unha maior atención por parte dos visitantes. Esculpida en mármore de Paros, representa ao

deus Hermes levando no seu brazo ao pequeno Dioniso, fillo de Zeus (a figuriña garda unha certa desproporción respecto ao conxunto. A obra data do 350 a. C.

            Zeus e Ganimedes. Este grupo escultórico é un singular exemplo de terracota monumental. As influencias da arte arcaica son notorias: ollos amendoados e boca arqueada, cun esbozo de sorriso. Representa o momento en que Zeus rapta ao xove Ganimedes para levalo ao Olimpo e facelo copeiro dos deuses. Na mesma sala está a estatua da Vitoria de finais do s. V a. C., que fai un simulacro de emprender o voo para celebrar a vitoria de Atenas sobre Esparta na illa de Sfaktiría (425 a. C.)

Contido do dosier sobre Delfos

DELFOS

 

Delfos está situada no sur da zona continental, na rexión chamada Fócide, na ladeira  sur do monte Parnaso, a unha altitude duns 500-700 m. A paisaxe é das máis fermosas e suxerentes de toda Grecia. O visitante o primeiro que ve son dúas xigantescas paredes rochosas que se erguen maxestosas, case a pico, por enriba do santuario, separadas por un barranco. Aos pés abrollaba a sagrada fonte Castalia.

            Mais antes de visitar o santuario de Apolo, convén baixar até o santuario de Atenea, lugar chamado tamén área de Marmaria pois aséntase sobre o que foi unha canteira de mármore. Un pequeno camiño lévanos até o antigo templo de Atenea, erixido a principios do s.V a.C. O monumento quedou moi danado a causa do terremoto do ano 373 a.C. O centro da área está ocupado por tres edificios: un tesouro de estilo dórico (490-460 a.C.), outro ofrecido pola cidade de Marsella (ca. 530 a.C.), tmán de estilo dórico, e o célebre Tholos, templo circular formado por vinte columnas dóricas (s. IV a.C.), dunha esvelteza excepcional para a época, e do que non se coñece exactamente a súa función.

             Seguindo a Vía Sacra pásase ante as ruínas dunha serie de tesouros construídos polas ricas cidades gregas para albergar as ofrendas que facían ao deus. O máis célebre e mellor conservado, aínda que moi restaurado, é o Tesouro dos atenienses, construído cara o 485 a.C. co botín capturado en Maratón. A continuación pásase polas ruínas do Bouleuterion, do antigo santuario de Xea e do pórtico dos atenienses, que contiña a ofrenda dos trofeos collidos aos persas. O gran templo de Apolo érguese sobre un baseamento construído no século VI a.C. para a construción do primeiro edificio destruído por un terremoto. As ruínas actuais datan dos anos 370 a 330 a.C. Na entrada deste templo dórico graváronse as máximas coñécete a ti mesmo  e nada en exceso

Contan os gregos que Zeus soltou un día dúas águias, cada unha delas desde un extremo do mundo. Cando as aves se encontraron, deixaron caer a terra unha pedra que levaban e que debía sinalar o centro da terra. O lugar era Delfos, considerado desde entón o embigo da Terra (ónfalos). Tamén conta a tradición que os antigos pastores do monte Parnaso semellaban enlouquecer ao aspiraren os estraños vapores que se desprendían dunha fenda (chasma) da montaña. A cuestión é que alí se instituíu o oráculo máis famoso de toda a antigüidade, ao que acudían a pedir consello xenerais, gobernantes e todos cantos debían tomar decisións da maior importancia.

O lugar estaba orixinariamente adicado á deusa Xea (a Terra), e defendido pola serpe Pitón. Mais despertou a ambición de Apolo quen, axudado por mariños chegados de Creta, matou o monstro e se apoderou do santuario. Cóntase que a serpe, ao morrer, se descompuxo na terra, e así xustifícase o nome de Pitón, que derivaría etimoloxicamente do verbo “pythomai” (=podrecer). Até aquel momento o asasinato debía ser castigado con outro asasinato. Pero Apolo impúxose a si mesmo un castigo, traballar como escravo do rei Admeto durante oito anos. Cando volveu a Delfos, traía unha coroa de loureiro como deus da purificación e da luz que disipa as tebras da ignorancia e da barbarie, e que ensina aos homes a lóxica, o coñecemento de si mesmos, a sabedoría, a moderación e a orde.

A partir dese momento a sabedoría de Apolo manifestouse a través da Pitonisa a cantos viñan a facer consultas. A oportunidade dunha guerra, a fundación dunha colonia ou o resultado dunha expedición comercial eran algunhas das numerosas cuestións sobre as que se acudía para pedir orientación. Inicialmente o deus respondía só durante a época comprendida entre os meses de febreiro e marzo, pero logo, como a fama do oráculo se estendera, ampliouse o período de consulta a todo o ano, agás en inverno. A boa disposición do deus corría parella á dos sacerdotes que vían, desta maneira, incrementar os pingües beneficios que obtiñan, xa fose en forma de ofrendas, xa fose pola tarifa que había que pagar antes da consulta. Nos primeiros tempos, unha pitonisa, elixida entre as mozas virxes de Delfos, exercía o papel de oráculo. Máis tarde, para atender o maior número de consultas, foron designadas outras dúas, ao mesmo tempo que se decidiu que fosen mulleres de mediana idade a fin de evitar os inconvenientes que se puidesen derivar dunha excesiva xuventude. A orixe campesiña e a incultura da Pitonisa garantizaban a pureza da mensaxe do deus e subtraíana das intrigas que poidesen producirse ao redor.

Ningunha consulta podía ter lugar se Apolo estaba ausente de Delfos. Con obxecto de aclarar tal circunstancia, colocábase unha cabra ante o templo para ser regada con auga. Se o animal comezaba a tremer, era sinal de que o deus aceptaba o sacrificio e autorizaba a consulta. Tras pagar o prezo estipulado, o visitante entraba no templo, en cuxa parte máis recóndita, o aditón, estaba a Pitonisa sentada sobre un trípode e separada do consultante e dos sacerdotes por unha cortina. Tras inhalar certos fumes emanados da terra, e unha vez coñecida a pregunta, a Pitonisa profería toda clase de sons que os exégetas se aprestaban a consignar nas súas taboíñas. Terminada a revelación do deus, procedían a súa interpretación. Non sempre a independencia de criterio foi a virtude a sinalar nos sacerdotes; en ocasións, ante cuestións de gran transcendencia, procuraron inclinar os seus consellos cara aquelo que máis beneficios lles podía reportar.

 Xusto enriba do templo de Apolo áchase o teatro, construído no s. IV a.C.,  aínda que restaurado en varias ocasións. Podía albergar 5.000 espectadores. Desde o estrado contémplase unha fermosa vista do contorno. De alí sae unha senda que serpea entre as oliveiras e que leva até o estadio, do s. III a.C.

 

            O Museo

 

            O museo de Delfos garda os importantes restos arqueolóxicos achados nas excavacións do lugar.

            As pezas de maior ineterese son:

            – Na entrada hai unha copia de mármore, de época helenística ou romana, do omphalos, que se encontraba no adyton do templo. Presenta en relevo unha rede de fíos da que recubría o verdadeiro omphalos. Estaba coroado por dúas aguias de ouro.

               A sala II está dominada por unha esfinxe alada de mármore, de enigmático sorriso, coñecida como a esfinxe de Naxos (ca. 560 a.C.), que coroaba unha columna xónica a máis de dez metros de altura, como gardiana do santuario de Xea. Nesta sala se encontra tamén o friso do tesouro dos Sifnios, un dos grandes logros da escultura arcaica grega e un dos que presenta unha decoración máis rica do santuario. Ocupa tres paredes da sala; destacan as escenas da Xigantomaquia e o Xuízo de Paris, así como un admirábel conxunto de cabalos esculpidos.   .     

            -Na sala III consérvanse as metopas do Tesouro dos Atenienses (s.V a.C.), algunha delas xa clásicas.

-Na sala J atopamos dous grandes kouroi de época arcaica (s. VI a.C.), coñecidos como os atletas Cleobis e Bitón, que impresionan polo seu vigor xuvenil, os seus músculos e os ollos abertos cheos de vida. Trátase de dous irmáns que tiraron do carro da nai, sacerdotisa de Hera, para levala á festa do Heraion. A nai pediu á deusa que lles concedese a felicidade. Os dous mozos caeron nun sono profundo do que xa non despertaron. Foron acollidos polos deuses e os homes ofrecían as súas imaxes a Apolo como símbolo eterno de virtude. Na mesma sala están as metopas do Tesouro de Sición (s. VI a.C.) que mostran escenas do rapto de Europa, a nave dos Argonautas, etc.

-A peza fundamental de todo o museo é, sen dúbida, o célebre Auriga de Delfos, anónimo do s. V a.C.. Esta figura constitúe tan so unha parte do que debía ser un conxunto composto polo carro, os cabalos e, talvez, algún personaxe máis, como o demostran os restos, tamén de bronce, que se poden ver nos muros da sala. Aínda que o auriga mantén unha rixidez que recorda o estilo arcaico, o realimo dos seus membros e a perfección psicolóxica do rosto, resplandeciente de serenidade, non poden menos que emocionar ao espestador.

Glosario en griego moderno

Glosario Práctico de Griego para Viaje

Llévate este práctico diccionario de viaje para ir a Grecia

Comunicación Básica
SI – NO
NE – OJI
Habla esp/ingl/fran?
Miláte ispaniká/anglicá/galiká?
No hablo griego
Den miláo eliniká
No entiendo
Den katalabéno
Señor/señora
Kírie/kiría
Por favor
Parakaló
Gracias
Efjaristó
De nada
Típota/parakaló
Perdón
Signómi
Buenos Días
Kaliméra
Buenas tardes
Kalispéra
Buenas noches
Kaliníjta
Hola/adiós
Yásas
Aquí/allí
edó/ekí
Salida/entrada
éxodos/ísodos
Cerca/lejos
condá/macriá
Izquierda/derecha
Aristerá/dexiá
Grande/pequeño
Megálo/micró
Atrás/delante
píso/brostá
Bien/mal
Kalá/ásjima
con/sin
me/jorís
caro/barato
acrivó/aftinó
muy/poco/basta
polí/ligótero/ftáni
más/menos
pió polí/ligótero
bonito/feo
ómorfo/ásgimo
calle/plaza/carretera
odós/platía/drómos
Me gusta/no me gusta
Me arési/den me arési
Hay/no hay
ipárji/den ipárji
Encantado
Járica
Me llamo
Me léne
Quiero ir
Zélo na páo
No se
Den kséro
Taxi/autobus/coche
taxí/leoforío/aftokínito
aeropuerto/avión
aerodrómio/aeropláno
barco/puerto
plío/limáni
hospital/ W.C.
nosokomío/tualéta
ayuda/socorro
boízia
policia/robo
astinomía/clépsimo
Tarjeta telef.
tilekárta
Te quiero
Se agapó
Marchate
Oxo apo do
Temporales
semana/día/mes
evdomáda/méra/mína
hora/minuto
óra/leptó
mañana/tarde
proí/apóguebma
ayer/hoy/mañana
ejcés/símera/ábrio
temprano/tarde
norís/argá
lunes/martes
deftéra/tríti
miércoles/jueves
tetárti/pémti
viernes/sábado
paraskeví/sábato
domingo
kiriakí
enero/febrero
januário/flevári
marzo/abril
mártio/aprílio
mayo/junio
maio/yunio
julio/agosto
yœlio/ábgusto
sept/octubre
septémbrio/octómbrio
noviem/diciembre
noémbrio/dekémbrio
navidad/verano
cristœguena/kalokéri
En el Restaurante  …  Ver también Gastronomía
La carta, por favor
to catálogo, sas parakaló
Quiero comer/beber…
zelo na fao/pió
Que tienen?/Tienen
Ti éjete/éjete
La cuenta
To logariasmó
Plato/vaso/servilleta
Piato/potíri/pechéta
cuchillo/tenedor
majéri/pirúni
cuchara/pan
cutáli/psomí
aperitivo/ensalada
oreftiká/saláta
helado/yoghurt/fruta
pagotó/yaœrti/frœta
leche/té/manzanilla
gála/chái/jamomíli
café/queso
cafés/tirí
salmonete/boquerón
barbœnia/gábros
pez espada/besugo
ksifías/tsípura
gambas/chopitos
garídes/kalamarákia
pulpo/langosta
ojtápodi/astakós
chuleta/costillitas
brisóla/paidákia
cerdo/ternera
girinó/mosjári
cordero/pollo
arnáki/kotópulo
carne/pescado
créas/psári
asado/cocido
psitó/brastó
brasa/frito
sta cárbuna/tiganitó
sal/pimienta
aláti/pipéri
orégano/pimiento
rígani/piperiá
cebolla/ajo/pepino
cremídi/skórdo/angœri
verdura/judias ver.
lajaniká/fasolákia
melón/sandía
pepóni/carpusi
Preguntas
¿Qué…?
Tí?
¿Qué tal?
Ti cánis?
¿Qué hora es?
Ti ora ine?
¿Cuando?
Póte?
¿Cuando sale?
Póte fevgui?
¿Cuando llega?
Póte ftáni?
¿Cuanto?
Póso?
¿Cuanto cuesta?
Póso káni?
¿Cuanto tarda?
Pósi ora káni?
¿Como te llamas?
Pós se léne?
¿Como se va?
Pos boró na páo?
¿Donde está?
Pu íne?
¿Donde vamos?
Pu páme?
¿Porqué?
Yatí?
Números en griego
0 -midén 10-déka 20-íkosi 100-ekató+ 1000-jilia
1 -éna 11-éndeka 21-ikosi+ena 10-deka+ 100-ekató
2 -dío 12-dódeca 22-ikosi+dío 20-íkosi+ 200-diakósa
3 -tría 13-deca+tría 23-ikosi+tría 30-triánta+ 300-triakósa
4 -tésera 14-deca+tésera 24-ikosi+tésera 40-saránta+ 400-tetrakósa
5 -pénte 15-deca+pénte 25-ikosi+pénte 50-penínta+ 500-pentakósa
6 -éxi 16-deca+éxi 26-ikosi+éxi 60-exínta+ 600-exacósa
7 -eptá 17-deca+eptá 27-ikosi+eptá 70-ebdomínta+ 700-eptacósa
8 -octó 18-deca+octó 28-deca+octó 80-ogdónta+ 800-ojtakósa
9- enéa 19-deca+enéa 29-ikosi+enéa 90-enenínta+ 900-eñakósa